O PSOE súmase ás queixas veciñais polos fallos no servizo telefónico en Muras

Os veciños de Muras manifestaron o seu malestar polos continuos problemas coa liña de teléfono fixo, que en varios puntos do termo municipal leva varios días sen funcionar. Así o comunicou o concelleiros socialista no Goberno, Mario Rouco, quen asegurou que os afectados son os veciños da zona urbana e dalgúns lugares da propia parroquia de Muras.

O concelleiro socialista explicou que na Casa Consistorial funciona o teléfono pero aínda así iniciaron unha rolda de consultas coa compañía telefónica para buscar unha solucións a este problema, que se prolonga non tempo malia ser calificado como “fallo puntual”.

“Na zona rural estamos abandonados e este é un exemplo máis do que pasa”, explica a Rouco, quen afirmou que o problema afecta dunha forma maior aos negocios, como os locais de hotalería, que non poden facer reservas se non teñen acceso á liña telefónica fixa.

Etiquetas