Skip to main content
ActualidadeMuras

O camping de caravanas O Viveiró-Muras será o lugar para unha sesión de astronomía

Por 27 Xullo, 2019Sin comentarios

O camping de caravanas O Viveiró-Muras, será o punto de partida e observación do ceo nunha actividade pensada para que desfruten delas nenos e maiores que será o 2 e 3 de agosto.

Para poder observar o ceo nocturno haberá acampada para pasar a noite con almorzo matutino incluído por xentileza do Concello de Muras.

Os mellores expertos estarán guiando unha actividade organizada pola Sección de Astronomía do SGHN e Asociación de Fotografía Ferrolterra. A asistencia a acampada podese confirmar ata un día antes, o 1 de agosto. Dende o Concello agradecen que se avise con antelación para poder organizar ben os almorzos.

Así ás 20:00 horas será o inicio da actividade na que se asentarán e distribuirán os sitios para a acampada. Ás 21:00 haberá unha charla sobre telescopios e posta en estación a cargo de Marcos López.

Ás 22:00 horas será a quenda da cea que correrá a cargo de cada un dos asistentes, pero que na que o Concello facilitará mesas e sillas. Xa ás 23:00 chegará a charla sobre a contemplación dos ceos impartida por Paulino Gasalla.

Arredor da 01:00 rematará a actividade, e o día seguinte o almorzo será ás 9:30.

As inscricións poden facerseno Museo da SGHN , chamando ao 881 931 315, 881 931 314, 698 141 384; no Concello de Muras e no teléfono 982 500 001.