Abre o prazo de inscrición para as actividades de inverno en Árbol

A Asociación cultural e veciña de Árbol dará comezo no mes de outubro os seus cursos anuais que, nesta ocasión, serán de música tradicional, baile e teatro.

O prazo de inscrición para calquera destas actividades está xa aberto e pode facerse antes do 20 de setembro. O número de prazas é limitado polo que se recomenda a incrición o antes posible.

As clases de baile estará ao cargo de Paula, coa que se pode contactar no teléfono 655582171; as de música serán con Neli (636811424) e as de teatro con Bea (617626003).

Etiquetas