O Estado realizará obras en estradas nacionais de Rábade e Outeiro de Rei

O Consello de Ministros autorizou a celebración dun contrato de servizos para a execución de diversas operacións de conservación e explotación en estradas do Estado na provincia de Lugo, cun valor estimado de 21,27 millóns de euros.
O sector afectado é o nº 1, que inclúe as seguintes estradas:

  • A-6, PK 455+000 a PK 540+470, Tramo: Cereixal – L.P. A Coruña.
  • LU-11, PK 0+000 a PK 4+400, Tramo: Nadela – Tolda De Castilla.
  • N-VI, PK 462+000 a PK 494+400, Tramo: Cereixal – Nadela.
  • N-VI, PK 498+200 a PK 504+800, Tramo: Tolda – Enlace N-640.
  • N-VI, PK 504+800 a PK 507+200, Tramo: Enlace N-640 – Ramil.
  • N-VI, PK 507+200 a PK 517+000, Tramo: Ramil- Rábade.
  • N-VI, PK 517+000 a PK 546+280,Tramo: Rábade – L.P. A Coruña.
  • N-640, PK 60+600 a PK 88+200, Tramo: Paraxes – Enlace A-6.
  • N-640, PK 88+200 a PK 89+500, Tramo: Enlace A-6 – Ronda Norte.
  • N-640, PK 89+500 a PK 92+800, Tramo: Ronda Norte – Enlace N-VI.

Os contratos de servizos para a execución de operacións de conservación e explotación na Rede de Estradas do Estado teñen o obxectivo de realizar os traballos de servizos de comunicacións, servizos de vixilancia, atención a accidentes, mantemento dos elementos da estrada, mantemento sistemático das instalacións de subministración de enerxía eléctrica, iluminación, sinalización variable e semaforización.

Ademais, inclúense os labores de establecemento de inventarios e recoñecementos de estado, axenda de información de estado e funcionamento da estrada, programación, coordinación, seguimento e información da execución dos traballos, actuacións de apoio á explotación, estudos de accidentalidade e informes de seguridade viaria.

Así mesmo, realizaranse os traballos de roza, fresados e reposición do firme, limpeza de cunetas, e en xeral, todos os labores de conservación ordinaria das vías ao seu cargo.

Etiquetas