Convocada unha nova edición do torneo fútbol burbulla de Baamonde

O CERCUD organizará na praia fluvial de Baamonde unha nova edición do Torneo 3×3 Fútbol Burbulla, que terá lugar o 10 de agosto. Trátase dunha actividade que conxuga o deporte coa oferta lúdica e consiste en xogar metido dentro dunha burbulla xigante, que lles ocupa aos xogadores todo o tronco. Pódense dar golpes e revolcóns sen ningún tipo de perigo e lesións.

Cada equipo estará formado por tres xogadores admitíndose equipos masculinos, femininos e mixtos.

A fase de grupos arrancará pola mañá, concretamente ás 10.00 horas, eguindo ao mediodía cunha comida de confraternización entre equipos e pola tarde retomarase a actividade deportiva coas eliminatorias e as finais. De feito a entrega de trofeos e premios está prevista para as 19.00 horas.

Os 3 primeiros clasificados levarán trofeos e vales agasallo dunha tenda deportiva e o resto medallas.

As inscricións están abertas ata o mércores 7 de agosto. Requírese ter alomenos 16 anos para participar e ten un custo de 10 euros por persoa. Toda a información pódese encontrar na web futbolburbulla.com

Etiquetas