Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras acolle o día 3 de agosto a tradicional Ruta Cabalar

Por 30 Xullo, 2019Sin comentarios

O Concello de Muras acollerá o 3 de agosto unha nova edición da ruta cabalar que organiza a Asociación Atila en colaboración co Concello. Nesta ruta poderán participar a cabalo ou a pé, para o que é necesario apuntarse no concello de 8:00 a 14:30 ou no teléfono 982500001. O prazo para anotarse remata o 31 de xullo e o prezo da comida é de 21 euros por persoa.

A ruta terá a súa saída ás 10.00 horas e contará con pinchos a media mañá. A clausura será nun xantar servido polo bar Rochela de Vilalba, que ofrecerá un menú a base de empanada, polbo, churrasco, postre, café e chupito.

Pola tarde haberá actuación musical, a cargo do Dúo Horizonte, e xogos para todos os públicos, ademais de agasallos para os participantes.