Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O VI Festival de Cine de Roca xa ten gañadores

Por 30 Xullo, 2019Sin comentarios

O VI Festival de Cine de Roca, o festival especializado no cine de Música, xa ten gañadores despois dunha fin de semana cargada de música.

As dúas curtametraxes gañadoras co premio do público no VI concurso de curtametraxes musicáis foron Guapo, de Miguel Grandío, na categoría de curtametraxes galegas, que trata sobre Lola e a súa axuda mediante un peculiar método musical a un mozo con problemas para atopar compañeira.

E Armonías para después de la guerra, de Migue Roth e Pablo Tosco, gañou na categoría de curtametraxes internacionáis. Está ambientanda nun Kurdistan Sirio que foi destruído a causa de largos anos de guerra; sobre estas ruínas, músicos, poeta, profesores e ducias de nenos e nenas xúntanse para tocar instrumentos para reemplazar os ruídos da violencia.

Os gañadores desta edición recibiron uns trofeos elaborados para a ocasión, obra do artesán vilalbés Marcos Ladra.