Skip to main content
ActualidadeVilalba

O PP de Vilalba acusa de inoperancia á alcaldesa polo peche do parque acuático

Por 31 Xullo, 2019Sin comentarios

Os populares  de Vilalba veñen de denunciar a pasividade e falta de accción do goberno municipal polo peche do parque acuático que privou a Vilalba “dun referente en ocio como é a praia fluvial, e aos cativos dunha actividade que nos últimos anos se convertira en fundamental”.
“Da pena ver a praia fluvial este ano coa pouca xente que ten este verán” conta o ex alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde.

“Nos seguimos insistindo en que non hai ningún problema de seguridade no parque acúatico e o que necesita é o mesmo que todos os anos, facer unha posta en marchar de cara ao verán, pero nada máis. Esta situación pasa todos os anos e o que hai que facer é unha posta a punto para que poda funcionar todo correctamente. Como poden ser algúns desperfectos nos tobogáns ou se houbera algunha baldosa. Pero este é o traballo que hai que facer sempre, que se ven facendo en 15 ou 20 días e cunha inversión pequena. Pero incluso no suposto de que o novo Goberno vira algún problema de seguridade o que tiña que facer era amañalo, non cruzarse de brazos para ver si non se resolven solos.”

A alcaldesa fixo este anuncio polas conclusións dun informe dos técnicos municipais “que certificaron o deterioro desta instalación”.

Así, a intención do novo equipo é non abrir este ano para garantir a seguridade e anunciaron que estudarán diferentes medidas de cara ao próximo ano.

Entre as deficiencias atopadas figuran danos nas xuntas nos tobogáns, roturas na canaleta perimetral, pezas soltas na pasarela de acceso á torre e problemas eléctricos. Todos ese problemas teñen rico de “abrasións, rozaduras ou cortes para todos os usuarios”.

FRANQUISMO

Baamonde tamén fixo referencia as declaracións que fixo a actual alcaldesa Elba Veleiro sobre as maiorías absolutas do Partido Popular destos 40 anos, “que dixo que estaban ligadas ás familias da dictadura”. Según o popular “eso significa non coñecer a realidade de Vilalba, non coñecer nin a realidade de antes nin a de agora. As maiorías de Vilalba sempre se apoiaron no pobo, e as familias que puideron ter algunha preponderancia na dictadura perderon xa fai moito tempo a influencia e non sobreviviron á transición”.

“Ademais eso é unha falta de respecto a moitos votantes que agora tamén votaron ao PSOE e que non teñen nada que ver coa dictadura”.

Os populares piden ao o equipo de goberno que se poña a traballar e que comunique as iniciativas que ten e os seus proxectos para Vilalba.