Riotorto celebrará mañá a súa tradicional Festa Celta

O Concello de Riotorto celebrará a súa tradicional Festa Celta mañá día 2 de agosto no lugar da Croa.

Esta celebración terá lugar a partir das 22:00 horas cunha cea e, ás 23:00 horas, será a quenda das actuacións previstas, a cargo dos Gaiteiros de Riotorto , Os Parentes de Sober, Axouxere de Roupar e Tiruleque da Coruña.

Como todos os anos, o Concello agradecerá a colaboración veciñal para a súa realización. Gracias a está colaboración a festa será todo un éxito como todos os anos. Para máis información deberán achegarse as oficinas do Concello.

Etiquetas