Xermade acolle una nova edición do Trofeo Manuel González Fernández de fútbol

O Concello de Xermade volverá celebrar no mes de agosto o Trofeo de fútbol Manuel González Fernández, no que participarán os catro equipos de fútbol do termo municipal, o CD Xermade, que milita en Primeira Autonómica; o SD Roupar e o SD Cabreiros, os dous de Segunda, e o SD Cazás, de Terceira. Os catro loitarán pola Copa durante dous fins de semana.

Na primeira haberá dous partidos, o sábado 10 o Roupar-Cabreiros e o domingo 11 o Xermade-Cazás, ás 19.00 horas os dous, coas dúas primeiras eliminatorias. Os gañadores dos dous enfrontamentos loitarán polo título o domingo 19 ás 19.00 horas mentres que os perdedores loitarán polo terceiro posto o sábado 17 tamén ás 19.00 horas.

Etiquetas