A Reigosa acolle un campamento de verán a finais de agosto

A Asociación de veciños da Reigosa, na Pastoriza, celebrará os días 24 e 25 de agosto un campamento de verán dirixido aos rapaces da zona.

Nel se realizarán diferentes actividades de dinamización mediante xogos, deportes, música, obradoiros, busca do tesouro, festa da auga, andainas e lectura.

Os interesados en participar poden inscribirse ata o 19 de agosto a través dos teléfonos 616 669 348 e no 658 264 473, no correo reigosa.asociacion@gmail.com ou a través da propia página de facebook da asocaicións.

O campamento terá un prezo de 10 euros para os socios e do dobre para os non socios.

Etiquetas