Skip to main content
AbadínActualidade

Abadín organiza unha charla sobre o dano cerebral adquirido

Por 5 Agosto, 2019Sin comentarios

O Concello de Abadín e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) organiza unha charla-informativa sobre o dano cerebral adquirido, para o día 8 de agosto que se celebrará ás 11.00 no Salón de Actos do Concello de Abadín. Terá unha duración dunha hora e será totalmente gratuíta.

Esta charla servirá para sensibilizar e informar sobre o dano cerebral adquirido, que é unha lesión repentina no cerebro que ten moitas secuelas que poden provocar anomalías na percepción, alteracións físicas, cognitivas e emocionais.

As dúas causas principais de dano cerebral adquirido son o ictus e os traumatismos craneoencefálicos.

Na charla falarase das posibles causas como o son os accidentes de tráfico; dos síntomas e signos de alarma; dos consellos de prevención; das pautas de actuación no caso de sufrir un dano cerebral adquirido; e tamén falarase dos recursos de atención socio-sanitarios.