Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Nova xornada de observación de libélulas en Rábade

Por 5 Agosto, 2019Sin comentarios

A Asociación Galega de Custodia do Territorio prepara para o sábado 17 de agosto unha saída pola Reserva da Biosfera de Terras do Miño para observar elevada biodiversidade de libélulas existentes neste territorio.

A xornada guiada por Martiño Cabana e Anxos Romeo comezará ás 11:00 na Casa das Insuas de Rábade onde comezarán as visitas aos diferentes ríos, lagoas e humidais da zona en vehículos propios e rematando ás 19:00.

É necesario levar roupa e calzado de campo cómodo así como bebida e comida para o xantar.

A inscrición pode formalizarse de forma gratuíta na páxina web da AGCT, ou chamando ao 630-94 82 93.