Pedrafita, en Guitiriz, celebra as súas patronais

A parroquia de Pedrafita, en Guitiriz celebra a segunda fin de semana de agosto as súas festas patronais na honra de San Mamede e San Roque.

A programación dará comezo o sábado 10 de agosto, ás 13.30 horas coa misa e a procesión seguida da sesión matinal da orquestra Acordes, que se encargará pola noite da gran verbena.

O domingo continuarán co mesmo programa relixioso. Para as sesión vermú e verbena do domingo a orquestra Dilema será a encargada de poñer o toque musical.

Para os máis pequenos haberá inchables gratis os dous días.

Etiquetas