A Pastoriza aproba o pago das axudas ao transporte escolar

A Xunta de Goberno Local da Pastoriza aprobou os pagos das axudas para transporte escolar dos alumnos e alumnas que cursan estudos fóra do termo municipal.

Estas axudas convócanse no mes de xaneiro e teñen como obxectivo sufragar parcial ou totalmente o custo no traslado do alumno ao seu centro educativo. Polo tanto é necesario cumprir os requisitos como que a unidade familiar esté empadroada no concello, e que algún dos fillos estea cursando educación postobrigatoria (1º e 2º curso de bacharelato) ou cursos de formación profesional.

Etiquetas