Skip to main content
Actualidade

A VI Cita coa Historia das Pontes será os días 13, 14 e 15 de setembro

Por 8 Agosto, 2019Sin comentarios

Durante o fin de semana, do 13 ao 15 de setembro, o municipio das Pontes retrocederá no tempo para celebrar a sexta edición da súa Cita coa Historia, organizada pola Asociación Lembranza da Vila en colaboración co Concello, na que a vila viaxará ao pasado e revivirá a súa historia..

Esta nova Cita acollerá unha grande diversidade de actividades, pensadas para toda a veciñanza, que arrancarán, o vernes, 13 de setembro coa apertura do mercado, o campamento galaico-romano e a rúa dos oficios para dar paso aos pasarúas.

Durante esta xornada, veciños e visitantes poderán gozar dos espectáculos de rúa, do pregón e de diferentes espectáculos.

O seguintes día tamén haberá actividades como obradoiros, pasarrúas, talleres, artesanía en vivo e moitas actividades. Ademais poderase desfrutar da boa música de mán de Pan de Capazo, Quenindiole e Fran Amil.

O cartel deste ano está diseñado por Laura Decibreir.