Muras acolle en agosto un curso de apicultura

A Casa do Mel de Goente, nas Pontes, celebrará no mes de agosto un curso de iniciación á apicultura. Será durante ás tardes dos vindeiros 19, 20, 21 e 22 de agosto e abordarase tanto a bioloxía do enxame como a instalación do apiario e a saúde das abellas, en esquecer os produtos que colleita, como o mel, a pole, a xelea, etc.

O curso constará de 20 horas teórico-prácticas e para participar é necesaria a inscrición previa, que pode realizarse chamando ao teléfono 661 003 616.

Etiquetas