Oleiros, en Vilalba, celebra as súas patronais

A parroquia de Oleiros, en Vilalba celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra de San Mamede e Hecce Homo.

A programación dará comezo o sábado 10 de agosto, ás 13.30 horas coa misa e a procesión seguida da sesión matinal da orquestra Pasito Show, que se encargará pola noite da gran verbena xunto coa orquestra Kubo. E pola noite haberá espectáculo de pirotecnia.

O domingo 11 continuarán co mesmo programa relixioso. Para as sesión vermú e verbena do domingo a orquestra Solara será a encargada de poñer o toque musical.

Etiquetas