Primeira victoria dun pequeno pontes de 6 anos nas Karting Series

As Karting Series volveron ser no circuíto das Pontes o punto central da terceira carreira desta competición.

O trazado local acolleu esta proba na que o pequeno Jaime Domínguez de tan so 6 anos, co dorsal 136, debutou e acadou o primeiro posto da categoría rookies, un grupo no que Hugo Bermúdez das Pontes Motor Sport acadou a terceira posición.

También foi meritoria a actuación do pontés Diego Criado en x30, que  acadou a quinta posición.

Karting Series é un campionato creado co obxectivo de fomentar a modalidade do karting, mediante un formato realmente divertido, sinxelo e económico. Cinco probas puntuables nos mellores circuítos de Galicia.

A seguinte proba será no circuíto da Pastoriza o 31 de agosto e 1 de setembro e a última voltará a As Pontes o 12 e 13 de outubro.

 

 

 

Etiquetas