Unha unidade móbil de óptica e podoloxía visitará Abadín

Unha unidade móbil con servizo de óptica e de podoloxía visitará o concello de Abadín co programa Rede May que se achegará do 21 ao 25 de outubro. O obxetivo deste proxecto é levar aos domicilios rurais o servizo gratuito, para que non teñan que deixar as súas casas.

Así todos os veciños maiores de 55 anos que desexen recibir algún destes servizos deben anotarse no Concello xa sexa por teléfono ou de forma presencial. Tamén o poden chamar ao 604 02 00 01 ou 981 59 51 21 ou no correo proxectos@fagal.org.

É un servizo que achega aos veciños unha unidade móbil e será a única parada que se faga na zona Terra Chá e, ademais dos servizos de óptica e de podoloxía, tamén se ofrecerá asesoramiento sobre servizos cotiáns de farmacia, asesoramento legal, alimentario…

Etiquetas