Amigus das Pontes organiza un campamento científico para nenos

A Asociación Informática Amigus organiza en colaboración con Ciencia Kids – Divulgación Científica® un campamento.

Este campamento de ciencia e tecnoloxía será do 26 ao 30 de agosto no pavillón Polideportivo Municipal das Pontes en horario de 9:00 a 14:00.

Está dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 16 anos, e ten un prezo de inscrición de 50 euros.

Faranse talleres participativos, divertidos e innovadores adaptados para nenos de 6-16 anos nos temas de robótica, impresión 3D, enxeñería, química ou bioloxía.

Etiquetas