Meira acolle hoxe o concerto de Carlos Núñez como paso previo ás patronais de Meira

O Concello de Meira acolle hoxe, 13 de agosto, unha das actuacións de Carlos Núñez, que está a realizar a súa xira de verán.

Este concerto está organizado con motivo da celebración do décimo aniversario da confraría de Meira, que se conmemora con actos durante todo o ano.

A actuación será no mosteiro de Santa María a partir das 20.00 horas e servirá de prórroga á celebración das festas do 15, as patronais desta localidade. As entradas xa están agotadas.

Etiquetas