Skip to main content
Actualidade

Ribadeume nas Pontes celebrará as súas patronais dende mañá

Por 13 Agosto, 2019Sin comentarios

A parroquia de Ribadeume das Pontes, celebrará as súas festas na honra de Santa María e San Roque os días 14 e 15 de agosto.

As festas comezarán o 14 ás 23:00 coa verbena a cargo dos grupos Triunfo e Antha.

O 15, haberá misa ás 12:00 horas, seguida da procesión e a sesión vermú coa orquestra Nevada. Pola noite, este mesmo grupo será o encargado de amenizar a verbena, na que estará acompañada por D’Vicio.

Pola tarde tamén haberá o tradicional partido de solteiros contra casados.