Skip to main content
ActualidadeXermade

Roupar honrará a San Pedro Fiz desde o venres

Por 15 Agosto, 2019Sin comentarios

A parroquia de Roupar no concello de Xermade estará de festa os días 16, 17 e 18 de agosto coa celebración das súas festas patronais na honra de San Pedro Fiz.

As festas darán comezo o día 16 coa tradicional bola de liscos caseira a partir das 21:00 horas que estará amenizada polo dúo Diamante e o dúo Caramelo.

O sábado 17 comezarán as celebracións coa misa solemne ás 13:00 horas, seguida de procesión e sesión vermú co grupo Foliada. Pola noite volverá actuar o mesmo grupo, que estará acompañado polo grupo Chastoon Show.

O domingo 18 as festas rematarán co oficio relixioso ás 13:30 horas, e a procesión a cargo do grupo de gaitas Axóuxere. E acto seguido a sesión vermú, que estará ao cargo do trío CQC.