San Simón celebra as súas festas patronais

A parroquia de San Simón de Vilalba, celebrará os días 16, 17 e 18 de agosto as súas festas patronais, que fan honra a Nosa Señora.

As festas darán comezo o venres 16 cunha churrascada popular ás 21:30 que será gratis para todos os asitentes e que continuará coa verbena a cargo da orquestra Palladium.

O sábado 17 comezará coa misa solemne ás 13:30, seguida da procesión e asesión vermú, que estará a cargo da orquestra Huracán. A partir das 18:30 haberá festa infantil con colchonetas e festa da escuma, e pola noite, a verbena contará coa orquestra Huracán e La Oca Band.

O domingo haberá misa ás 13:30, procesión e sesión vermú. A música estará a cargo do grupo Fénix.

Etiquetas