A Xira da terceira idade de Vilalba iniciará as festas o 21

Un ano máis a Xira servirá de prólogo ás festas de San Ramón e Santa María con tres días de festa rachada na que a xente moza e os maiores da vila terán o maior protagonismo coa música e a diversión.

A Xira da terceira idade celebrarase o mércores 21 de agosto na Área Recreativa da Madalena.

Nesta festa os maiores, a xornada comezará ás 12:00 cunha misa campestre cantada pola coral Vilalbesa Luar. Acto seguida será a sesión vermú amenizada polo Dúo Eclipse.

Ás 14:30 horas haberá un xantar de confraternidade na carpa situada na praia Fluvial da Madalena, para despois dar comezo ao gran baile amenizado de novo polo Dúo Eclipse e o Grupo Acirema.

Ás 20:00 horas será o remate dos actos da Xira dos maiores.

Para a venda de tarxetas podese acudir a casa da cultura de Vilalba e mercalas por anticipado ou reservalas por email en concelleiros@vilalba.es ou no teléfono 676 507 692.

O recinto da Xira dispoñerá de postos de venda de racións de churrasco, paella e xamón cocido entre outros.

Dende o Concello recordan a xente que veñan provisto da tarxeta da Seguridade Social.

A Xira dos novos comezará o 24 ás 14:00 coa sesión vermú a cargo das orquestras Fin de Siglo e Brujas, e pola tarde a Charanga de Vilalba porá a nota musical para o desfrute da xente.

Entre as dúas actuacións musicais do día haberá tempo para o deporte, así ás 18:30 dará comezo o partido de terceira división do Raacing Vilalbés e o CD As Pontes, no estadio Municipal A Madalena.

Xa pola noite, ás 22:30 haberá unha gran verbena coas orquestra da sesión vermú.

Tras a festa do sábado, o domingo espérase máis relaxado e tan só haberá música en sesión vermú a partir das 14:00 horas e prolongarase ata media tarde coa orquestra Noche de Estrellas.

 

Etiquetas