Prestes amplía as súas instalacións cunha aula escola

A queixería Prestes, situada no polígono Sete Pontes de Vilalba, está a contruír unha nova nave que lles permitirá ampliar as súas instalacións actuais.

A nova nave terá como obxectivo acoller unha aula escola, que comezará a funcionar no mes de febreiro, aínda que as obras desta nova instalación finalizarán, previsiblemente, no mes de setembro.

A escola comezará a recibir a persoal no mes de febreiro xunto a outras persoas que se encargarán de facer probas de produtos. Tamén pasarán por esta aula os que queren aprender a facer queixos e servirán tamén para recibir as visitas escolares, xa que agora mesmo as dimensións da fábrica non permiten recibir a grupos.

Según do explican os responsables do proxecto, no futuro no recinto os visitantes terán a oportunidade de muxir unha vaca virtual ou elaborar cada un ou seu propio queixo. Outra das funcións que acollerá a nova nave, situada na parcela 55 da área empresarial, será a de por en valor o soro da queixaría a través dunha planta de concentración de soro completa. Esta está previsto que inicie o seu funcionamento a finais deste ano.

Etiquetas