Muras organiza unha sesión de cine ao aire libre e xogos populares

O Concello de Muras organiza para a próxima fin de semana a proxección dunha película ao aire libre, actividade combinada con xogos populares para animar a xornada. Será na Veiga o sábado 24.

De 18:00 a 21:00 haberá xogos tradicionais a cargo de Dínamo Xestión e ás 18:30 comezará unha merenda dulce para pechar, ás 21:30 horas, coa proxección da película clásica de 1926 El maquinista de la general, de Buster Keaton, apta para todos os públicos e con palomitas.

Trátase dunha nova iniciativa de carácter familiar aberta a toda a poboación.

Etiquetas