Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Aberto o prazo de inscripción para o taller de memoria de Guitiriz

Por 22 Agosto, 2019Sin comentarios

O Concello de Guitiriz vén de abrir o prazo de inscrición para o taller de memoria e estimulación cognitiva. Os interesados poderán anotarse ata o 20 de setembro ou ata que se esgoten as prazas dispoñibles.

Habilitaranse tres grupos; dous en Guitiriz, onde as clases serán os martes nun grupo ás 11:15 horas e outro ás 12:30 horas; e en Parga, os xoves ás 11:30 horas.

Esta é unha actividade gratuíta e está dirixida ás persoas maiores de 50 anos.

Para formalizar a inscripción pode facerse de modo presencial no Concello, chamando ao 982 370 109 ou ben por correo electrónico en rfanego@concellodeguitiriz.com.