Dous establecementos hostaleiros de Vilalba reciben achegas para a súa modernización

Destinaronse 36.752,87 euros a apoiar a mellora e modernización de dous establecementos de aloxamento en Vilalba. En concreto foron a Casa Seijo e o Spa Attica21. O primeiro levará acabo unha reforma integral de toda a infraestructura e instalacións da pensión cunha achega de 29.999,10 euros, e o segundo fará unha adquisición de bens inventariables por valor de 6.753,77 euros.

Estas achegas beneficiarn a negocios repartidos por distintos puntos da provincia, en concreto na Mariña -tres en Ribadeo-; a Zona Sur –dous en Folgoso, e un en Pantón, Taboada e Monforte de Lemos-; e outro en Sarria e na capital luguesa e que en total suman un investimento de preto de 214.000 euros. A meirande parte das axudas, o 41%, destínanse á mellora de hoteis, aínda que tamén acadan ao turismo rural, pensións e apartamentos turísticos.

As achegas, que se enmarcan no Plan MAT de Mellora de Aloxamentos Turísticos, poden supoñer para os promotores entre o 30 e o 35 por cento do investimento subvencionable, ata un máximo de 35.000 euros. A través desta orde de axudas apoianse accións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas nestes negocios; obras para a optimización das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística; ou actuacións para incrementar a clasificación do establecemento e elevar a súa categoría.

Comprende, así mesmo, iniciativas de climatización que favorezan a sustentabilidade introducindo medidas de aforro enerxético; a modernización das instalacións e do embelecemento do entorno ou a renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento de aloxamento nas súas diferentes tipoloxías.

Os destinatarios das subvencións son establecementos turísticos de aloxamento incluídos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta (REAT), con especial incidencia nas pequenas e medianas empresas do sector. Estes apoios pretenden estimular a  incorporación de elementos de sustentabilidade e accesibilidade nas instalacións e a renovación das infraestruturas de cara á modernización e á prestación dos servizos cos maiores estándares de calidade.

Etiquetas