San Juan de Apregación estará de festa a fin de semana en Friol

A parroquia friolesa de San Juan de Apreciación celebra a fin de semana as súas festas patronais na honra da Virxe do Carme.

A misa, ás 13.00 horas, abrirá a programación do sábado, antes da sesión vermú, que estará a cargo de Boreal, a mesma orquestra que tocará na verbena xunto a Capricho.

O domingo continuarán as festas cun novo oficio relixioso, nesta ocasión ás 12.30 horas seguido da sesión vermú coa orquestra Horizonte, momento no que se darán por concluídas as celebracións.

Etiquetas