Skip to main content
A PastorizaActualidade

Veciños de Bretoña estudan recuperar a festa celta do Lugnasad

Por 22 Agosto, 2019Sin comentarios

Veciños de Bretoña, na Pastoriza, celebrarán este sábado, 24 de agosto, unha reunión para estudar a posibilidade de recuperar a festa celta do Lugnasad para o próximo ano.

A reunión terá lugar no teleclub de Bretoña a partir das 21.00 horas e están invitados a participar todos os veciños e veciñas que lles interese recuperar esta fonda tradición.

O Lugnasad é a festa do deus Lugh, a celebración do verán celta. Segundo a tradición había importantes relacións sociais e comerciais; duraban máis de quince días e facíanse trasacións e competicións de cabalos, así como comer e beber en abundancia. Un aspecto singular desta festa era o carácter matrimonial da mesma. No Lugnasad os mozos e as mozas escollían á súa parella para pasar o inverno xuntos. Confirmaban o matrimonio dándose a man a través dunha pena furada e prevalecía ata o ano seguinte no que tiñan que renovar o ritual, agás que acordasen deixalo, decisión que xa podían tomar na festa do Beltaine (primavera).

En Bretoña a festa tiña tamén un carácter matrimonial, xa que se oficiaban as vodas celtas, sen esquecer o carácter dos costumes e o misticismo que rodea esta celebración. O eixe da celebración eran en esencia os concertos que se celebraban durante a noite. A festa deixou se celebrarse hai uns anos.