A parroquia friolesa de Lamas celebra as súas patronais

A parroquia de Lamas, en Friol, celebrará a fin de semana as súas festas patronais.

Os actos iniciaranse o sábado 24 coa misa solemne seguida da sesión vermú, que estará a cargo do trío Muralla, o mesmo que se ocupará da verbena.

O domingo 25 repetirase programa pero coa orquestra Estrellamar.

Etiquetas