Duancos acolle o 8 un concerto e a comida veciñal anual

A Asociación de Veciños Val de Soños de Duancos celebrará a súa comida anual o próximo 8 de setembro.

No programa de actos haberá misa ás 13.30 horas para dar paso á comida sobre as 15.00 horas. Unha vez rematada esta, ás 18:00 dará comezo un concerto a cargo do Forget La France!

Poderán participar nesta cita todos os que o desexen pero deberán reservar a suá praza antes do 31 de agosto nos teléfonos 686 772 024 e no 620 794 600. O prezo do xantar será de 15 euros por persoa pero para os menores de 8 anos será gratis.

O concerto será gratuíto para todos os veciños e non é necesario participar na comida para asistir.

Etiquetas