Skip to main content
Actualidade

Outeiro de Rei organiza diversos cursos para setembro

Por 28 Agosto, 2019Sin comentarios

O concello de Outeiro de Rei organiza un curso de informática que dará comezo o día 7 de setembro e será todos os sábados ata o 14 de decembro.

Esta actividade celebrarase de 10:00 a 12:00 horas na aula de informática do propio concello. Tamén a tenda El Desván de Mamén, ubicado en Robra, organizará do 30 de setembro ao 29 de outubro un curso de reciclaxe e restauración de mobles. Este curso será os luns e martes de 16:15 a 19:15 horas.

Ademais, no centro cultural impartirase un curso de scrabooking durante os meses de novembro e decembro.

O prazo de inscrición para todas as actividades finaliza o 20 de setembro.