A Memoria da Chaira Enteira recoñece este ano a Xosé Estévez e Xavier P. Docampo

O domingo 8 de setembro a Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María celebrarán un ano máis o cabodano do poeta chairego coa celebración da Memoria da Chaira Enteira.

A celebración terá o seu inicio ás 15.00 horas co xantar de irmandade que terá lugar no Restaurante Río Ladra, en Gaioso. A continuación, sobre ás 17.00 comezarán os actos literarios cun recital de poesía e música en Penas de rodas, ao que seguirá, as 18.00 horas o acto de lembranza ao poeta no cemiterio de Outeiro de Rei, a onde os participantes levarán unhra rosa nunha procesión amenizada polos versos e comunicados. Haberá unha benvida co Canto da Irmandade: O Carro, a cargo de Mero.

A continuación, a actividade desprazarase á carballeira de Santa Isabel, onde se fará entrega das Navallas de Manuel María a Xosé Estévez e Xavier P. Docampo (a título póstumo).

O prazo de inscrición para o xantar, que terá un prezo de 20 euros, xa está aberto e pode facerse no 646 413 890.

Etiquetas