A Pastoriza celebra as súas festas patronais dende o venres

A Pastoriza celebrará a fin de semana do 30, 31 de agosto e 1 de setembro as súas festas patronais, na honra do Divino Salvador.

A celebración dará comezo o venres 30 ás 22.30 horas cunha verbena amenizada polo dúo Venus e o grupo Atrévete.

O sábado 31, a celebración comezará ás 14.00 horas coa misa, seguida da procesión e da sesión vermú coa orquestra Xacobeo, quen tamén participará na verbena xunto a discoteca móbil Chocolate, que conta con gogos, djs e bailaríns..

O domingo 1 de setembro seguirán as celebracións con pasarrúas pola vila coa charanga Tutuiños de Meira, e despois será a celebración relixiosa cantada pola coral da Pastoriza. Máis tarde será a sesión vermú cunha agrupación musical.

Etiquetas