Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras organizará unha viaxe apícola en setembro

Por 29 Agosto, 2019Sin comentarios

Muras acolleu, por segundo ano consecutivo un novo curso de iniciación á apiculturaque se celebrou durante catro tardes baixo o dirección da Casa do Mel de Goente, entidade coa que colabora activamente o Concello e na que están inscritos a día de hoxe un total de 20 socios de Muras.

O obxectivo deste curso é incentivar a legalización e desenvolvemento das explotacións apícolas locais, para que creen un produto de calidade que poda loitar coas grandes empresas que alugan os campos de Muras para instalar as súas colmeas.

Segundo explicou o concelleiro socialista, Mario Rouco, este segundo ano dobraron o número de participantes “e esperamos seguir mellorando o próximo ano sumando novas actividades.

Así, o día 21 programarase de novo unha viaxe apícola, na que haberá actividades do sector pola mañá e pola tarde visitarán outro tipo de explotacións. Este ano, ao coincidir coa feira do poldro esperan poder incluír esta celebración no programa para a tarde.

Ademáis, en novembro volverá celebrarse a Feira do Mel, unha das actividades estrela da programación anual de Muras.