Muras acollerá unha xornada do campus de baloncesto das Pontes

O Concello de Muras acollerá este xoves, 5 de setembro, aos participantes no Campus de Baloncesto que se está a celebrar nas Pontes dende o día 2 para nenos de 5 a 16 anos e organizado polo CB As Pontes.

Este campus conta con actividades de multideporte, iniciación a deportes alternativos, excursións e visitas de xogadores, adestradores e árbitros profesionais.

En Muras os participantes chegarán pola mañá, onde desenvolverán as actividades programadas pero nesta ocasión no propio Concello de Muras. Se o tempo o permite terán tamén xornada de piscina así como unha merenda antes de rematar a xornada para volver ás Pontes.

O Concelleiro de Deportes, Mario Rouco, avanzou que o obxectivo é ofrecer aos pequenos de Muras actividades nos concellos limítrofes cando no se cubren as necesidades de participante no propio Concello, razón pola que colaboran con clubs dos concellos veciños das Pontes e Vilalba.

 

Etiquetas