Campaña gratuíta de revisión do parabrisas en Muras

Os días 3 e 4 de setembro en horario de 10 a 16.00 horas na praza do Concello de Muras realizarase unha campaña de seguridade vial gratuíta.

Farase unha revisión do parabrisas e tratamento antichoiva e antimosquitos, para mellorar a visibilidade e evitar a conxelación do parabrisas. Este tratamento ten unha eficacia de entre 6 e 8 meses e estará a cargo da empresa Carglass.

Etiquetas