Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para as actividades de Promoción da Muller 2019

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para as actividades incluídas no programa de Actividades de Promoción da Muller 2019.

A primeira actividades será un curso de Habilidades informáticas que será os sábado de 10 a 12 do 7 de setembro ao 14 de decmbro. Impartirase na aula de informática e terá un prezo de 20 euros. Para esta actividade ofértanse 8 prazas.

A finais de setembro dará comezo o curso de Reciclaxe e restauración de mobles, actividade que se realizará no Desván de Mamén en Robra do 30 de setembro ao 29 de outubro; para esta actividade ofértanse un total de 16 prazas que se distribuirán en dúas quendas e as participantes terán unha reunión previa o martes día 24 de setembro, ás 17.30 o primeiro grupo e ás 18.30 o segundo grupo para ver os traballos que se van realizar e o material que se precisa mercar. Este curso terá un prezo de 20 euros.

Xa en outubro haberá un curso de Scrapbooking, que consiste en combinar nun papel ou cartulina as fotos e recortes, engadindo calquera tipo de adorno comos botóns, flores, cintas, selos, letras, metais…, realizando estas combinacións conseguise un albúm de fotos. Esta actividade realizarase do do 4 de outubro ao 20 de decembro e oferta 15 prazas a un prezo de 20 cada unha. Impartirase no Centrol Cultural.

O prazo de inscrición para estas actividades permanecerá aberto ata o 20 de setembro ou ata cubrir prazas. As prazas cubriranse por orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas no municipio con respecto ás de fóra. Poden anotarse nas oficinas da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei de luns a venres en horario de 10.00 a 14.30.

Igualmente, aínda quedan prazas vacantes no curso Habilidades informáticas onde se tratarán temas como internet e os seus riscos, como funciona a sinatura dixital, configurar o teléfono ou o ordenador… Esta actividade, incluída na citada programación, está dirixida a homes e mulleres.

Etiquetas