A Feira do Cabalo de Castro de Ribeiras de Lea xuntará a 400 exemplares

A XVII Feira do Cabalo de Castro de Ribeiras de Lea, en Castro de Rei, xuntará este ano a 400 animais nunha cita con tradición que é un reclamo para os visitantes.

A feira, que se celebrará no mercado gandeiro e a súa contorna será o sábado 7 e a apertura do recinto para a entrada dos animais participantes está programada para ás 8.00 horas.

A partir das 11.00 haberá probas de andadura non federadas e a xornada incluirá música e postos de venda con artigos de equitación. Tamén haberá postos de comida como o de polbo ou churrasco.

A feira espera manter o nivel de afluencia das anteriores edicións.

O Concello vai entregar un agasallo a todos aqueles visitantes que veñan a cabalo.

Etiquetas