Skip to main content
AbadínActualidade

Abadín celebra as súas patronais o 14 e 15

Por 5 Setembro, 2019Sin comentarios

O 14 e 15 de setembro o Concello de Abadín celebrará as súas festas patronais na honra a Santa María.

Como é tradicional os festexos darán comezo o sábado coa celebración da misa, ás 13.30 horas, seguida da procesión e da sesión vemú, que estará a cargo da orquestra canaria Johnny Maquinaria, que será a mesma que xunto a o dúo Epo-ka porán a nota musical pola noite.

A media noite haberá unha sesión de fogos de artificio.

O domingo 15, voltará a mesma hora a misa e a procesión e a sesión vermú será a cargo do dúo Venus.

Segundo indica a organización, haberá un campo cuberto cunha carpa por mor das choiva.