As Pontes inviste 265.000 euros na mellora de camiños rurais

Concello das Pontes investirá preto de 265.000 euros na mellora dos camiños municipais de Veiga da Nata, Ermida, Porto de Frades, A Bouza, Pereira, Os Pedregás, Espá, O Sixto, Paipaz e o Cameleiro co obxectivo de dotalos dunha maior calidade, tanto estrutural como superficial, e garantir, deste xeito, a seguridade do tráfico e viandantes.

A través destas actuacións, o goberno local continúa co seu proxecto para mellorar as infraestruturas do ámbito rural, favorecer a calidade de vida da veciñanza, que sumadas ás actuacións xa levadas a cabo e as previstas acometer, ó longo de todo o 2019, permitirán avanzar cara un municipio máis accesible, cómodo e seguro.

As diferentes obras, financiadas maioritariamente a través do POS 2019 da Deputación da Coruña (182.000 euros) e os fondos Agader, permitirán a substitución da actual capa de rodadura por aglomerado e inclúen o varrido da superficie do viarios, a limpeza das marxes e cunetas, a reposición da sinalización vertical e horizontal, así como o pintado dos viarios.

Entre os traballos previstos tamén se inclúen unha serie de actuacións encamiñadas a mellorar a drenaxe dos camiños e, co obxectivo de realizar de forma correcta os entroncamentos con outros viarios, realizarase un fresado das vías.

Etiquetas