Aberto o prazo de matrícula para as escolas municipais culturais das Pontes

Xa está aberto o prazo de matrícula para as escolas municipais culturais do 2019-2020, nas que os alumnos poderán anotarse a clases de gaita, pandeireta, acordeón,  percusión, baile moderno, danza clásica e flamenco.

Neste curso poden participar os alumnos xa matriculados o ano anterior, e poderán facelo do 10 ao 16 de setembro no mesmo grupo no que ramatou o curso anterior.

Os novos alumnos teñen de prazo do 18 ao 25 de setembro, e poderán consultala o listado de prazas vacantes o día 17 no taboleiro do departamento de Cultura.

Para máis información haberá que dirixirse ao departamento de Cultura de luns a venres 8.30 a 14.00 e os luns de 17 a 19.

Etiquetas