A piscina de Muras seguirá aberta ata o día 15 de setembro

As piscina de Muras permanecerá aberta en principio ata o 15 de setembro, segundo o acordo ao que chegaron os concelleiros aproveitando a duración do contrato do socorrista.

Segundo indicaron, a piscina retrasou a súa apertura por mor dunhas obras, que non se podían manter mentres a piscina estivese aberta, razón pola que poderán retrasar agora o seu peche. Ao mesmo tempo, tiveron que pasar o control de sanidade antes de poder abrir.

Etiquetas