A Moexmu 2020 será do 3 ao 5 de abril

A Comisión organizadora da XXXVI edición da Moexmu de Muimenta anunciou que esta terá lugar se todo trancorre segundo o previsto, os días 3, 4 e 5 de abril de 2020.

A intención dos organizadores será celebrar un ano máis o concurso de gando frisón, que celeberará a XXXIV edición; unha mostra de Raza Rubia Galega, tamén na XXXIV edición; unha poxa de gando selecto, por XXIV ocasión, e a Festa da Filloa, Festa de Interese Turístico Galego, que terá lugar o día 1 de maio e que acadará tamén a XXVIII edición.

 

Etiquetas