Este domingo será a travesía de natación en augas abertas das Pontes

O Concello das Pontes organiza para o domingo 15 a Travesía Costa Abanca by duacode, unha proba de natación en augas abertas.

As saídas e chegadas serán desde o lago das Pontes, e como a proba realizarase en augas abertas, os nadadores sairán todos xuntos acompañados por embarcacións de seguridade.

As distancias que se percorrerán serán en longa 10.000 metros, en media 5.000 e en corta 1.500.

Na travesía Longa existe un tempo de corte, onde está o avituallamiento, si o nadador non superou este punto en 3 horas desde a saída, será recollido pola organización.

A organización facilitará o avituallamiento, que consistirá en auga, bebidas isotónicas, plátanos e xeles durante a travesía e na zona de meta. Os puntos de avituallamiento situados en embarcacións designadas pola organización, e fondeadas ao longo do percorrido, estarán debidamente sinalizadas con bandeira e globo de helio.

Na entrega cada participante recibirá unha bolsa cun gorro de natación do evento, o Chip, e a WetBag Gardarroupa.

Nesta proba entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados en cada distancia en categoría absoluta masculina e feminina, así como Master40 en masculina e feminina. Ademais de trofeo ao mellor equipo/club coa suma de puntos dos 4 compoñentes mellor clasificados en cada unha das distancias. Para iso, os integrantes de cada equipo debe de estar inscritos co mesmo nome no apartado CLUB da inscripción.

Etiquetas