Castro de Rei xa comezou coas obras de mellora de 1,2 quilómetros de beirarrúas

O Concello de Castro de Rei xa comezou coas obras de mellora de 1,2 quilómetros de beirarrúas da estrada LU-113 que une Rozas con Abadín, no núcleo de Castro Ribeiras de Lea, esstas obras están subvencionadas cunha achega que supera os 266.500 euros.

Os traballos, que teñen un prazo de execución de oito meses, e desenvolveranse nun treito comprendido entre as proximidades do cemiterio de Duarría, punto quilométrico 3,820, e o centro urbano da localidade punto quilométrico 5,060; en concreto á altura do cruzamento entre a praza Galicia e a praza Irmáns Fernández Quintana.

O obxectivo do proxecto é proporcionar aos veciños unhas estruturas de paso no mellor estado, que permitan unha circulación segura, illada dos vehículos e proporcionen as condicións de accesibilidade, comodidade e estética que a sociedade actual require.

A obra suporá unha renovación e modernización das beirarrúas e incluir espazos de nova construción. Todos os treitos incluirán un novo pavimento con baldosa hidráulica e con adaptacións que garante a súa accesibilidade para persoas con mobilidade reducida e tamén, grazas ao pavimento táctil, o uso por persoas invidentes.

O proxecto tamén inclúe a colocación de ramplas de acceso aos garaxes e propiedades particular e a mellora da sinalización vertical e horizontal, as marcas viarias e sinais de tráfico. Ademais está incluída a reposición e, no seu caso o traslado á zona ampliada, de servizos como a iluminación pública, sumidoiros, arquetas, etc…

Finalmente os traballos inclúen a construción dun novo paso de peóns sobreelevado, que ata o momento non existía, para controlar a velocidade dos condutores á altura da factoría do Grupo Sada.

 

Etiquetas