Skip to main content
ActualidadeVilalba

A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol organiza unha excursión a Madrid

Por 13 Setembro, 2019Sin comentarios

A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol organiza unha excursión ao parque Warner e ao parque Europa de Madrid.

Esta excursión será os días 18, 19 e 20 de outubro e hai prazas limitadas.

Esta actividade ten un prezo de 150 e 140 euros para os adultos e nenos que sexan socios da asociación, e de 170 e 160 para os que non o sexan.

No prezo vai incluído o traslado, o aloxamento, todas as comidas excepto a cea do venres, e as entradas ao parque.

Para anotarse haberá que chamar ao 655 582 171 ou ao 617 626 003 e o prazo remata o 30 de setembro.